top of page

Si, para chegar a ser alguén na moda hai que ir á escola

  • Revista COOLT
  • 19 mar 2016
  • 2 Min. de lectura

Nin Yves Saint Laurent xurdiu da nada nin Alexander McQueen naceu sendo xa un dos maiores xenios que vimos na pasarela nas últimas décadas. Coma eles, moitos dos grandes nomes do deseño puliron e desenvolveron o seu talento nas aulas das máis prestixiosas escolas de moda.Creatividade, talento e un chisco de sorte son ingredientes indispensables á hora de forxar unha carreira no mundo da moda. Mais como dicía Pablo Picasso, “cando chegue a inspiración, que me colla traballando”, o que neste eido vén a significar un esforzo continuo por formarse e aprender as claves do oficio da man de profesionais experimentados.Pasar o proceso de selección é duro, financiar os estudos, tamén; a presión e a competitividade que se respira nas súas aulas non son para tod@s.


Estudar moda en GaliciaPoida que non figuren no top 10 das escolas de deseño a nivel mundial, pero Galicia tamén conta con prestixiosos centros de formación.GOYMAR (A Coruña) e a Escola de Artes Mestre Mateo (Santiago de Compostela) son dous bos exemplos. Da primeira saíu Javier Quintela, un dos mellores expoñentes do prêt-à-porter galego e virtuoso da couture.


Entre os ex-alumn@s da Mestre Mateo destaca polo seu particular sentido da vangarda máis comercial María González (Margoc Margoc), que participou no espazo Zona Zero da Galicia Fashion Week 2015. Tamén comeza a darse a coñecer Alba Brea, cuxa colección de fin de estudos aposta polos aires románticos con toques surrealistas. Pero se por algo destacan as escolas de deseño galegas é por seren a canteira de cadeas de moda como Mango e Inditex, que contan xa nas súas filas con novas deseñadoras como Tania López López e Gloria López Santomé, respectivamente.


@Ce_FerSan / Fotos: Instagram @csm_foundation


 
 
 

Comments


Featured Posts
Recent Posts
Archive
Search By Tags
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
  • Grey Facebook Icon
  • Grey Twitter Icon
  • Grey Google+ Icon
  • Grey YouTube Icon
  • Grey Instagram Icon
bottom of page